22/5/13

En catro anos, La Voz reduciu súa plantilla en 187 traballadores

«Catro anos despois, e con 187 persoas menos (a destrucción de emprego na empresa superou o 34% desde o 2008), La Voz de Galicia obtivo no 2012 máis de medio millón de euros en beneficios despois de impostos. Así o recollen as contas oficiais da empresa e así o recoñeceu a dirección. Na mesa de negociación, onde tentan debuxar un panorama dramático, atribúeno ao ingreso extraordinario do rescate da inversión de La Voz na sociedade que xestiona a división audiovisual. Pero na letra pequena recoñecen que se debe, sobre todo, aos esforzos da plantilla. Segundo se recolle no informe de xestión que acompaña as contas, descontando o rescate da inversión audiovisual e tamén as indemnizacións por despidos de compañeiros, que sumaron 3,8 millóns de euros no exercicio, La Voz tería rexistrado unhas perdas de menos de 300.000 euros...
«La Voz é o sostén de todo o entramado mercantil que a rodea: o ano pasado pagou ao resto de compañías do grupo, algunhas das cales rexistraron beneficios, máis de 19,3 millóns de euros, prácticamente o mesmo que no 2011 (19,5 millóns). Curiosamente, é desas compañías, e non de La Voz, de onde cobran a maioría dos directivos e conselleiros do grupo, que teñen incrementado as súas retribucións este ano un 9 % (de 1,5 a 1,64 millóns)...»
Compre ler «Ano V de tixeiras (análise da situación)», no blogue Comité La Voz de Galicia.
----------
LIGAZÓN ao post titulado «Invertir en La Voz de Galicia SA solo es racional si se compran la mayoría de las acciones», no que trala letura da análise que ven de difundir o comité temos precisada a nosa posición sobre o futuro do xornal e da plantilla, pois consideramos que hai razóns, feitos e necesidades que aconsellan que no Grupo Voz non se produzan máis baixas, agás as dos responsables da desfeita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario