28/12/12

"La Voz de la Mina"

Descoñecemos os motivos, mais poidera ser que La Voz teña asinado ou pactado outro deses compromisos polos que a cambio duns milleiros de euros de publicidade "el grupito" que dirixe o xornal prohíbe informar e, por riba, ordea difundir argumentacións interesadas, de xeito que o xornal xera rexeitamento e perde compradores e letores.
Polo de pronto, é evidente que La Voz apoia ao Goberno de Feijóo, que a pesar da oposición dos veciños ten un estrano interese en aprobar a posta en marcha da explotación mineira de Cabana de Bergantiños.
O asunto vai camiño de se converter noutra desas cruzadas nas que o xornal viste un proxecto ou unha empresa coa bandeira do progreso. A actitude "informativa" do xornal diante da iniciativa de Edgewater a describe con acerto o autor do blogue Cantares de Cego:
«Como non hai taberna que non reciba La Voz de Galicia, para comparala coa realidade e botar unhas risas, decidín poñer o ollo nunha nova sobre a reunión da Plataforma pola Defensa de Corcoesto.
«Aghárrate María.
«O título da noticia -"Mineira de Corcoesto garantiza la inocuidad de la explotación"- non ten que ver coa reunión, tampouco o subtítulo, nin o propio texto. Só na foto aparece a única que está a dar a cara, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, cando a mineira é quen ten máis cara. La Voz fai de altofalante de Edgewater e publica un burdo ataque á Sociedade Galega de Historia Natural por difundir un alarmante informe do CSIC, organismo que cousas da vida ven de situarse entre os 10 principais centros de investigación do mundo».
Paga a pena ler "La Voz de la Mina".
¡É outro éxito informativo de "el grupito"!
-----
LIGAZÓN a outro post que amplia a información sobre este asunto: «La Voz e a mina de Corcoesto: A familia que traballa unida... ¡gaña máis cartos!»
-----
LIGAZÓNS a informacións de interese sobre a mina:
--- Adega: «Beneficios para algúns, cianuro e arsénico para todos»,
--- Eldiario.es: «La antigua mina de oro de Corcoesto ya duplicó los niveles de arsécnico en el río Anllóns»,
--- El Mundo: «Oro y arsénico: la huella ambiental de un proyecto "faraónico" en Galicia»,
--- El País: «Galicia, la mina que explotan otros»,
--- Galicia Confidencial: «A "chapuza" de Corcoesto»,  «A mina é ilegal porque utilizará cianuro» e «Corcoesto, o modelo de emprego de Feijóo»,
--- Praza Pública: Dosier informativo A mina de Corcoesto,
--- Que pasa na Costa: «Fraude na declaración de impacto ambiental da mina de Corcoesto» e «A empresa mineira traballa desde hai tempo nunha nave que carece de licenza para o exercicio da actividade».
-----
LIGAZÓN a un blogue adicado ao estudo dos pros e das contras que terá a posible reapertura da mina de ouro de Cabana de Bergantiños: O Ouro de Corcoesto.

5 comentarios:

  1. Anónimo30/12/12

    El delegado de La Voz en Carballo recibió órdenes de La Coruña sobre como tratar la información que se publica del conflicto de Corcoesto.
    Un vocero.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo30/12/12

    Más importante todavía amigos. La Jefa de Comunicación de la empresa es la adorable esposa del Subdirector Xeral de "La Voz de la Mina". Fdo.: Otro juntaletras.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3/1/13

    Las últimas informaciones parecen indicar que parte de la estrategia se centra en convertir el posicionamiento contra la mina en algo partidista y no de la sociedad civil.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Derivar la atención hacia el debate entre los partidos es una de las tácticas habituales, pues así consiguen relegar a segundo plano lo realmente importante: las consecuencias del uso de cianuro para el medio (el río y las aguas costeras) y para los habitantes de la zona. Y La Voz sel siglo XXI, una vez más, contribuye a ello. Para estar informado de lo que ocurre en este conflicto aconsejamos leer el e-periódico comarcal Que Pasa en la Costa, la bitácora O Ouro de Corcoesto y los e-periódicos Galicia Confidencial y Praza Pública.

      Eliminar
  4. Anónimo8/1/13

    Outra sobre mercenarios da Voz, alguén puxo a mirilla sobre Corcoesto para que X.L.Franco Grande disparase cun artigo de opinión de antonte, totalmente indocumentado.

    ResponderEliminar