14/5/13

"Comité La Voz de Galicia", o blogue dos representantes dos traballadores

A decisión do comité intercentros dos traballadores de La Voz de Galicia SA de publicar un blogue propio que exerza de altofalante unitario dos lexítimos representantes dos traballadores (por riba das seccións sindicais), impón que Ex Voz revise a súa función:
1. Temos a obriga de ceder a iniciativa e todo o protagonismo no eido da actualidade e das relacións laborais na empresa La Voz de Galicia SA ao blogue Comité La Voz de Galicia, sen renunciar á nosa lexítima liberdade de opinión, e
2. Aínda que conservaremos as nosas relacións e contactos cos traballadores adscritos á plantilla da empresa editora, polo de agora ExVoz manterá a súa actividade pero centrada en asuntos profesionais do sector da información e da comunicación, sempre con La Voz como referente.
----------
LIGAZÓN á información sobre o chamamento do comité intercentros, para que os traballadores acudiran hoxe aos centros de traballo vestidos de negro para manifestar o seu reixeitamento á decisión da empresa de prescindir do convenio, en Galicia Confidencial.
----------
COMPLEMENTO: O comité intercentros de La Voz tamén ven de estrear conta en Twitter: @comitevoz.
----------
CON POSTERIORIDAD (8 junio 2013) y relacionado:
«Se consuma el "golpe de estado" y el comité intercentros de La Voz contenta a Santiago Rey».

3 comentarios:

  1. Anónimo15/5/13

    Non poido máis que felicitar a os traballadores e Comité de Empresa da Voz por o éxito da xornada de loito.
    Estou vendo VTelevisión e dame vergoña ver a unha presentadora vestida de roxo.
    Mentras os damnificados pola posta en marcha de esa televisión están de loito, os causantes desa desfeita, dirixidos polos directivos da empresa visten de roxo.
    Hai que ter moi pouca vergoña para vestir de roxo un día coma hoxe. Vergoñento!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo15/5/13

      É lóxico que os traballadores de V Televisión estén satisfeitos na Voz, pois eles saben que a tele é a principal causa dos problemas económicos e a pesar deso conservan o traballo. Poden ser egoístas, pero non son parvos.

      Eliminar
  2. Anónimo15/5/13

    Que el comité estrene cuenta en Twitter y tenga un blogue propio me parece estupendo. Que los trabajadores vistan de negro y que no se aparquen los coches en el parking también. Pero, ¡señores representantes de los trabajadores!, va siendo hora de dejarse de "ñoñerías" y tecnicismos, se debe pasar a la verdadera acción: hay que plantear medidas de IMPACTO. Una, para que conozcáis qué trabajadores os apoyan y otra para que los suscriptores, compradores, anunciantes y demás personas, sepan lo que se quiere hacer en La Voz. Dejaros de cosas como si los/las de VTelevisión van de rojo, verde o azul. En la redacción central muchos redactores no vistieron ninguna prenda negra... Tienen que enterarse los fuera del periódico quiénes mal dirigen hoy una empresa que tanto bien aportó a esta ciudad y a toda la comunidad gallega. ¡¡¡LOITADE MOZOS/AS!!!

    ResponderEliminar