1/5/13

La Voz de Bergantiños "esqueceu" invitar ecoloxistas nun debate sobre conservación da natureza

Reproducción facsímile da reportaxe, aportada polo remitente do artigo
Esta semana temos recibido a carta dun letor do blog que expón o seguinte:
«O domingo 14 de abril, na edición impresa de Carballo de La Voz de Galicia, atopeime cunha información central a dúas páxinas sobre un encontro de naturalismo organizado na redacción: "El cuidado del entorno. La conservación de la naturaleza pasa por la educación social".
«Chamoume a atención, e anímome a escribirvos, polos motivos que expoño a continuación:
«Convidaron 7 "expertos" (ningunha muller, por certo) e exceptuando o señor Rabuñal, coñecido ornitólogo, este é o curioso perfil dos outros asistentes: dous cazadores, un pescador, un monitor deportivo, un político e o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas.
«Independentemente das opinións verquidas, é cando menos curioso que non apareza representada ningunha das 18 asociacións que compoñen a única Federación Ecoloxista Galega. E por se non fora de abondo con isto, vén de saltar á tona un escándalo no que aparece implicado o cargo político convidado, Carlos Muñoz, xefe territorial de Conservación da Natureza, pois resulta que o 60% das licenzas de caza emitidas na provincia da Coruña baixo a súa responsabilidade son falsas, froito dunha trama delitiva na que xa hai máis de 150 persoas imputadas...
«Paradoxalmente o propio Carlos Muñoz tamén tiña licenza de caza falsificada. Creo que non atoparedes moita información sobre isto na Voz. Saúdos!»
O contido do e-correo remitido por B., coñecido blogueiro galego, non precisa comentarios engadidos.

4 comentarios:

  1. Anónimo2/5/13

    A Voz de Carballo é o xornal que ten feitos máis reportaxes de propaganda a prol da mineira de Corcoesto.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo2/5/13

    No fue un debate sobre conservación de la naturaleza sino sobre la mala educación medioambiental de la gente y la conclusión a la que se llega leyendo ese reportaje es que la gente es la única culpable de la destrucción de la naturaleza. Seguro que si hubiera ido un ecologista hubiera hablado de la mina de Corcoesto o de los vertidos de las empresas, pero de la mina y de los vertidos tóxicos no querían publicar nada.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3/5/13

    Que lle imos pedir a un medio de DESinformacion pagada e subencionada por gobernos e multinazionais corruptas, podriase chamar LA VOZ DE SU AMO. xa sabemos o que ai, poden seguir enganando os catro de sempre.Dirialle a esos periodistas que si realmente aman a sua profesion cumplan con ela e non se deixen manipular polo caciquismo, a verdade escribese no tempo. se non que falen cos peridistas que escribiron a fabor do nazismo, falanxe e outras tantas dictaduras e curioso que mais do 90% das noticias escritas neste medio sexan a fabor da mina.falan dos postos de traballo que se van xerar durante uns 13 anos, pero olvidanse de gandeiros, labregos, mariñeiros, turismo, ect que se van perder para sempre claro que istos ultimos non teñen capital suficinte para manipular os medios de desinfomacion ....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo4/5/13

      Vivir na Costa da Morte e mercar a Voz é como non ter dignidade.

      Eliminar