Traballadores da Televisión de Galicia (TVG) denuncian a "manipulación informativa" que de xeito cotiá se dá nos telexornais da canle pública galega.
Segundo o grupo de xornalistas, técnicos e traballadores de diferentes profesións que veñen de poñer en marcha un blog, non só as informacións referidas ao PPdeG e coas administracións gobernadas por ese partido son case sempre positivas, senón que ademáis os responsables políticos da TVG ordean que as novas referidas ao resto de partidos politicos e outras organizacións civís sexan sometidas a "revisión" e a evidentes manipulacións.
Na súa estrea o novo blog, coa cabeceira Eu non manipulo, analiza con detalle quince informacións emitidas nos telexornais da TVG e a primeira delas, ¡lóxico!, ten que ver coas fotos publicadas polo diario El País nas que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sae retratado xunto ao ex-contrabandista e ex-narcotraficante Marcial Dorado Baúlde, que na actualidade cumpre condena por lavado de diñeiro negro.
----------
LIGAZÓN a Eu non manipulo.
Non entendo porque na maioría dos xornais cando falan destas e doutras cousas poñen PPdeG. O PP é sempre PPE, de España.
ResponderEliminarMorto Cuíña e esnaquizados os galeguistas de dereitas que houbo no PP galego, o PP de España é de España e nada máis que de España, pior aínda é o PP de Madrid.
Logo o seu voceiro é La Voz de España.
EliminarOu La Voz de Galicia Bilingüe.
EliminarTVG a dirixe o PP directamente e la Voz un grupo de xornalistas que son máis do PP que os dirixentes do PP e tamén máis listos, pois na Voz disimulan mellor o seu partidismo que na TVG.
ResponderEliminarAo marxe de que na Voz sexan máis listos para disimular as manipulacións, o dano "mental" que causa a desinformación e as manipulacións da TVG teñen máis extensión entre a poboación, sobre todo no rural.
Eliminar