Francisco Ruiz Allén, químico de Mineira de Corcoesto SL (filial de Edgewater), na imaxe que ilustrou a entrevista que lle fixo La Voz de Galicia, publicada en xullo do 2012 |
Como contestación á campaña publicitaria que está a desenvolver a multinacional mineira, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto estableceu contacto con varios expertos coa finalidade de difiundir traballos que ofreceran aos cidadáns unha visión científica do asunto, ao marxe de posicións políticas ou interesadas, para evaluar de xeito obxectivo a credibilidade ou non das argumentacións que Edgewater publicita para defender a lixiviación con cianuro.
O primeiro deses textos asinados por científicos, que foi remitido hai uns días a diferentes medios de información, é o titulado "Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas", asinado por Carmen Varela, doutora en Química Orgánica.
Unha redactora de La Voz de Galicia, xornal ao que tamén foi remitido o traballo da doutora Varela, estableceu contacto cun dos dirixentes da plataforma e lle solicitou o número de teléfono da científica para consultar cuestións da linguaxe técnica, cousa que fixo, e o pasado mércores (6 de febreiro) o artigo de Varela foi publicado en La Voz.
Nembargantes, o xornal empregou as tixoras, o orixinal non foi respectado e sufriu varias manipulacións.
Non respectaron nin o título!
ExVoz ofrece copia do artigo orixinal (á dereita da ilustración insertada ao pé deste post) e tamén a reprodución facsímile do publicado en La Voz, que por riba suprimiu o creto científico da autora do artigo e non informou aos letores/as da súa condición de doutora en Química Orgánica.
A falla de ética do xornal non rematou aí, pois ao tempo que decidiu publicar o texto da científica estableceu contacto coa empresa mineira para que esta dera resposta inmediata ao artigo de Varela, pois ao día seguinte La Voz xa difundiu un texto de opinión asinado por Francisco Ruiz Allén, "responsable ambiental" de Mineira de Corcoesto SL, quen asina un texto centrado nas normas e nas medidas de seguridade que segundo el aplican as empresas mineiras que traballan con cianuro, sen entrar no debate das consideracións científicas que fai a doutora Varela.
..
(NOTA: La Voz de Galicia non avisa aos opositores á mina, nin ofrece tan xeneroso dereito á réplica, cando publica textos favorables ao proxecto de Edgewater)
..
Compre subliñar que Carmen Varela non ten intereses persoais nin profesionais no sector mineiro, nin tampouco obtén beneficio algún por ofrecer o seu ditame sobre o uso de cianuro; en tanto que Francisco Ruiz Allén é un profesional que sempre dependeu económicamente de empresas do sector mineiro.
O currículum de Ruiz Allén, que estudou Química na Universidade de Oviedo, é o seguinte:
Na actualidade é senior environmental manager de Edgewater Exploration, ao memso tempo que socio de Consultoría Geológica SL; e con anterioridade foi senior environmental officer en Kinbauri España SL; e xefe de laboratorio e de medioambente na compañía Río Narcea Gold Mines SL.
..
Pulsar para ampliar |
----------
LIGAZÓN: Unha vez demostrada a actitude de La Voz e dalgúns dos seus xornalistas (hainos que mesmo teñen chamado ou escrito, pero non para pedir desculpas ou para ofrecer unha xustificación, senón para protestar e queixarse de que as manipulacións sexan difundidas; o que lles preocupa non é a manipulación, senón que se saiba), ofrecemos outro texto da doutora Carmen Varela que informa dalgunhas experiencias que demostran o grave impacto negativo que teñen os residuos cianurados, paga a pena ler «Cianuro e minería: verdades demostradas».
----------
LIGAZÓN á reportaxe que difunde o e-xornal Público: «La mina de oro de Corcoesto, una "bomba de relojería ambiental"», por Henrique Mariño.
Cantos artigos ten manipulados a Voz?
ResponderEliminarEs tan vergonzoso que este calificativo se queda corto.
ResponderEliminarS. A. L., periodista.
Lo que no entiendo es porque el dueño del periódico no interviene para poner fin a tantas manipulaciones. Me pregunto si es que no se entera de nada, si ya está tan mayor que no le importa lo que pase con la Voz o si es un incompetente.
ResponderEliminarYo lo que no entiendo es que la Voz no saque ningún beneficio con estas maniobras y que el empresario no intervenga para corregirlas.
EliminarJ. M. de Carballo.
"Dos tercios del contenido de los periódicos es el mismo, independientemente de la cabecera que se compre y matizado solo por adornos ideológicos. Hay días en que todos los columnistas de un mismo periódico dicen lo mismo, con diferentes palabras. Días en que pasas las páginas y no consigues pararte en nada que te llame la atención. Días en que ves destacadas en portada declaraciones de políticos que han salido tantas veces, diciendo lo mismo, que no queda sino concluir que han parasitado la portada: saben qué deben decir y cómo para permanecer adheridos a ella".
ResponderEliminarA ver si en la Voz se enteran al leer cosas como esa, que copio de El Suicidio del Periódico, en el blog de David Jiménez:
http://davidjimenezblog.com/2012/01/04/el-suicidio-del-periodico/
Lo de la Voz es más rápido que el suicidio de otros periódicos porque sin credibilidad no hay futuro, tampoco en Internet.
L. R., periodista de origen gallego que dejó hace tiempo de trabajar en prensa (Madrid).
Según me explicó un amigo periodista hay veces que los textos se deben recortar por razones de espacio, pero por regla general eso se evita con trabajos científicos o similares y siempre cuando los autores no son de la plantilla del periódico.
ResponderEliminarAdemás, una vez leídos los dos textos que ustedes reproducen está bastante claro que hay mala uva o graves deficiencias profesionales en el tratamiento dado al artículo de la doctora Varela.
L. V., licenciado en Químicas y profesor de instituto, Vigo.
Trabajo en otro periódico, pero hay cosas que están por encima de las empresas y de las diferentes formas de informar. Espero que los periodistas de La Voz de Galicia tengan vergüenza y pongan orden porque algunos de sus jefes son tan prepotentes que turran y justifican todo. Están desprestigiando hasta extremos intolerables a la prensa en general y a todos los que trabajamos en prensa y por culpa de esos aprovechados cada día es más difícil vender periódicos y ganarnos la vida.
ResponderEliminarE diante destes escándalos que fai o Colexio de Xornalistas?
EliminarNon só o colexio de xornalistas, tamén calan os sindicatos e as asociacións de xornalistas. Hai xornais que están a destruír a credibilidade dos medios e ata o de agora as organizacións dos traballadores e dos empresarios calan.
EliminarEn el caso de La Voz hay el agravante de que está demostrado que el director general de la empresa y los periodistas que le hacen la ola están utilizando el periódico para favorecer un negocio porque da dinero a la esposa del directivo.
EliminarEs imposible de entender que el propietario del periódico no expulse a ese aprovechado, pues además de lo que esta haciendo para favorecer a su mujer está pervirtiendo a otros trabajadores.
Vivo na comarca de Bergantiños e sempre merquei a Voz, hai xa un mes deixei de facelo porque agora dame vergonza ter a Voz na casa, prefiro La Opinión ou El País.
ResponderEliminarRoberto, de Carballo.
Por recorrer a um 'retruécano' fácil: frente a verdade do interesse, que oblitera o interesse na verdade, o interesse na verdade, que procura a verdade do interesse.
ResponderEliminarPero que asco de Galicia é esta? TERRA DE ZOMBIS e FILLOS DA GRAN P. Con perdón para as excepcións que, para máis INRI, teñen que aturar toda esta porquería. E logo a xentiña lendo AS ENCÍCLICAS do xefe de La Voz. Menuda Voz!!!!!!
ResponderEliminar