Galicia Confidencial (GC) informa hoxe da cita do vindeiro día 28 na Audiencia Nacional, que resolverá o conflito colectivo que interpuxeron os representantes dos traballadores de La Voz de Galicia SA porque a empresa decidiu de xeito unilateral variar o cómputo do descanso compensatorio por traballar os días festivos.
ExVoz xa informou da intervención da Audiencia Nacional no post «A Xustiza decidirá como compensar os festivos traballados en La Voz de Galicia SA», que é froito da negativa da empresa a negociar os cambios no sistema de retribucións establecido no convenio.
A información de GC aporta unha análise máis ampla desa cita xudicial ao situar o conflito nun escenario xeral no que compre destacar, entre outros elementos, o feito de que La Voz continúe a reducir a plantilla ao tempo que a sociedade renta dividendos e aumenta os salarios e premios que reciben os membros de el grupito que desde hai uns anos exerce o control das empresas da corporación.
(NOTA: O bufete de abogados que representa ao Grupo Voz solicitou posponer a convocatoria por razóns profesionais e a Audiencia Nacional accediu. A nova data é o 19 de marzo)
----------
LIGAZÓN á crónica «"7,3 millóns en dividendos" e "122 traballadores menos" na Voz», no e-xornal Galicia Confidencial.
Un ejemplo de mala empresa.
ResponderEliminar