8/1/13

Con La Voz á fronte, hai xornais que apostan polo partidismo para aumentar ingresos

Galicia: Catorce cabeceiras nun mercado que suma
pouco máis de 200.000 exemplares de venta diaria
..
Galicia Confidencial (GC) conta que «o pasado 29 de decembro a Xunta presentou os novos orzamentos para 2013. Na súa gabeta quedaron aínda pequenos remanentes de cartos do 2011 destinado a pago da chamada publicidade institucional. Por iso, e ante a premura dalgúns medios por cobrar campañas atrasadas, Presidencia deu ordes de pagar con eses remanentes as débedas que quedaban con algúns xornais e, sobre todo, iniciar campañas de última hora cos principais deles.
«Por exemplo, na metade da primeira lexislatura de Feijóo La Voz de Galicia recibira 7,2 millóns de euros da Xunta».
Só o 35% deses cartos outorgáronse mediante subvencións públicas. O resto foron convenios a dedo e outras adxudicacións directas.
A maior parte dese orzamento, o 65% vai destinado para «os seis diarios líderes nas sete maiores cidades galegas», precisa GC; é dicir, os máis beneficiados serán Diario de FerrolFaro de Vigo, El Correo Gallego, El Progreso, La Región e La Voz de Galicia. Os destinatarios do restante 35% serán outros diarios galegos que teñen audiencia menor e os do resto de España que se comercializan en Galicia.
Os feitos merecen atención, lea o resto da información de GC en «Apurando o pago aos xornais».
s
O "espazo" é limitado
En resumo, hai xornais, en especial La Voz, que están a exercer tamén de plataformas para a difusión de propaganda ou publicidade política, o que en grande medida se debe a que as empresas editoras precisan captar fondos como sexa, pois o mercado galego non da para manter os ¡catorce! xornais impresos que se editan na comunidade:
Atlántico Diario, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, Ideal Gallego, La Opinión de A Coruña, La Región, La Voz de Galicia e os deportivos Dépor-Sport e DxT.
Aos que compre engadir as ofertas dos catro xornais editados en Madrid que son distribuidos por toda Galicia: ABC, El Mundo, El País, La Razón, os deportivos As, Marca e os barceloneses Mundo DeportivoSport, os económicos Expansión e Cinco Días e aínda que só nalgunhas vilas e cidades, hai outras ofertas de menor penetración, como son Diario de León, La Gaceta ou La Nueva España.
Da necesidade á perversión
En ExVoz temos noticia de que partidos ou candidaturas políticas mercan espazos para insertar artigos ou "novas" que interesalles difundir de xeito que non sexan identificadas como publicidade.
Se persite a perda de vendas e a publicidade convencional e as "insercions empresariais non publicitarias" (reportaxes de encargo) non se recuperan, con toda seguridade os ingresos "políticos" terán máis importancia e medrarán, aínda que estas insercións podan provocar a perda de compradores e letores.
O problema ten difícil solución, pois os ingresos alleos á información e á publicidade convencional contribúen a manter vivos xornais que obxectivamente non son nin serán rendibles, o que distorsiona o mercado e xera a necesidade de buscar novos ingresos... E volta a empezar!
Esta situación está a prexudicar a oferta informativa e a súa calidade, pois o "comercio" de información interesada destrúe pouco a pouco pero de xeito constante a credibilidade dos xornais.
Un dato serve para resumir a irracional situación: Se temos en conta o número de habitantes, A Coruña é con moita avantaxe a provincia de España con maior oferta de xornais de produción propia, pois se editan ¡oito cabeceiras!: Dépor-Sport, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol, DxT, El Correo Gallego, Ideal Gallego, La Opinión de A Coruña e La Voz de Galicia.

1 comentario:

  1. Anónimo11/1/13

    Las empresas defienden sus intereses pero unas más que otras y la Voz es la que menos escrúpulos tiene porque es la que más vende y creo que podría ser más imparcial que las demás, pero es al revés.

    ResponderEliminar