Co gallo da celebración do xuízo dos feitos protagonizados polo Prestige, Galicia Confidencial (GC) está a publicar una serie de informacións e documentos referidos á catástrofe medioambiental máis destrutiva que ten acontecida na costa atlántica europea (ver «O afundimento do "Prestige" e a consolidación de "el grupito" que hoxe controla La Voz»).
O texto informativo que hoxe publica GC conta que «Rodolfo Martín Villa iniciou un programa controlado e preciso de entrevista nos principais medios de Galicia para lavar a imaxe do PP. Rodolfo Irago, Severino Cagide, Eugenio Eiroa, Tino Santiago, Fernando González Macías, Carlos Luis Rodríguez, Manuel Suárez, Lois Blanco (entón xefe da sección Galicia de La Voz de Galicia e hoxe director xeral da empresa editora), Javier González Méndez ou Ignacio Capeáns foron algúns dos seus entrevistadores. GC publica o dossier sobre o tratamento específico en cada entrevista».
-----
LIGAZÓNS:
--- «Como foron as entrevistas do Goberno Aznar sobre o Prestige».
--- «Informe sobre as entrevistas a Martín Villa», documento do Goberno Aznar no que consta a planificación dos temas a tratar nas entrevistas que Martín Villa concedeu ás emisoras de radio (incluída Radiovoz) e TV. Este documento só é accesible para os abonados a GC.
Todos os xornalistas que aparecen na lista se prestaron ás manipulacións do PP?
ResponderEliminarNon. O gabinete de comunicación do comisionado do Goberno para o "Prestige", Rodolfo Martín Villa, programou as entrevistas e suxeriu a cada medio o eixo da conversa, mesmo as preguntas, e despois cada emisora decidiu se respectaba ao cento por cento as indicacións, se introducía cambios no guión, ou ben se facía a entrevista sen atender as condicións gubernamentais.
EliminarPolo que temos averiguado, a SER foi a única emisora que rexeitou facer unha entrevista cos temas pactados. Noutro extremo, os máis "servís" foron, lóxicamente, as emisoras de RTVE (pois estaban controladas polo Goberno), seguidas da Cope e Radiovoz. Neste último caso introducíronse preguntas non pactadas, aínda que de contido non substancial e referidas ás axudas aos afectados pola paralización das actividades pesqueiras e marisqueiras coas que o Goberno conseguiu desactivar as movilizacións nas vilas da Costa da Morte e das Rías Baixas máis afectadas pola marea negra.
Me parece que dais muchas vueltas a lo que está muy claro. Hay periodistas que van a lo suyo y ya está.
ResponderEliminar