1/3/13

Oito xornais galegos asinan un pacto para competir con La Voz no mercado publicitario

A prepotencia xera "inimigos" innecesarios e se paga:
As empresas editoras de El Correo Gallego e La Región, máis as dos grupos El Progreso e Prensa Ibérica veñen de asinar unha alianza para competir con La Voz de Galicia SA no mercado publicitario da prensa galega.
As cabeceiras Atlántico Diario, De Luns a Venres, Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña e La Región suman o 48% da difusión da prensa en Galicia, fronte ao 35% de La Voz, que ata o de agora xogaba con avantaxe para campañas de ámbito estatal.
Os xornais agora coligados lanzan a tarifa publicitaria Líder EPI Galicia co obxectivo de ser máis competitivos nun mercado moi afectado pola recesión económica.
Segundo os datos do estudio Inversión Publicitaria en España de Infoadex, durante o 2012 no conxunto dos medios convencionais (prensa, revistas, radio e TV) a inversión publicitaria descendeu o 15,8% respecto ao 2011. O retroceso máis forte o sufriron os dominicais da prensa diaria, cunha perda do 22,5%; seguidos dos xornais, co 21%; a TV, 18,9%; e a radio o 13,6%.
No 2012 a facturación dos medios electrónicos (Internet) caeu por primeira tralo estoupido da crise, pero só un 2,1%.
As previsións para o 2013 son negativas.
----------
LIGAZÓN á información sobre o acordo que ofrece Galicia Confidencial.

3 comentarios:

  1. Anónimo2/3/13

    Dubido que na prensa a publicidade volva ser o que foi.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo6/3/13

    A Voz nunca fixo nada para ter amigos e pagará a súa prepotencia.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo6/3/13

    Todos contra a Voz porque a Voz sempre estivo contra todos.

    ResponderEliminar