22/12/12

"De xornalistas a xuntadores de palabras"

Baixo a título "La Voz de Galicia, de xornal a folla parroquial", o blogue Morea Baleira conta:
«Houbo un tempo en que esta cabeceira foi un referente de bo xornalismo e de calidade informativa. Lonxe queda. O grupo entrou en perda económica a pesar das continuas inxeccións de carto público chegadas desde a Xunta de Feijóo. O despedimento masivo de xornalistas, algúns veteranos no oficio, minguaron a calidade informativa e crearon inseguridade nos redactores que permanecen no cadro de persoal. Pero os recortes e a precariedade meten o medo no corpo e converten xornalistas obxectivos en xuntadores de palabras ao servizo de caciques empresariais».
-----
LIGAZÓN ao post de Morea Baleira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario