Non fai falla engadir nada máis:
«La Voz publicou o venres 1 de febreiro unha nova sobre os 145 liberados que Función Pública ofrece aos sindicatos. Pois ben, a CIG-Autonómica, sindicato maioritario no ámbito da Función Pública ten 11 liberados/as institucionais», e a nota da CIG precisa as identidades deses 11 liberados.
«Na CIG-Autonómica non temos nada que agochar. Somos o sindicato maioritario con 142 delegados/as sindicais (44 de persoal funcionario e 98 de persoal laboral) dos cales 11 están liberados/as para dar apoio aos compañeiros/as, asumir as negociacións nas mesas e para tarefas de dirección da CIG-Autonómica. 142 delegados eleitos onde 10 dos 11 son funcionarios/as e unha persoal laboral da Xunta».
Se o sindicato maioritario na Xunta de Galicia ten 11 liberados, onde están e a que sindicato pertencen os outros 134 liberados dos que fala La Voz?
Existen eses liberados ou trátase doutra "serpe informativa"?
Rematamos como principiamos: Non fai falla engadir nada máis.
-----
LIGAZÓN a «Si, temos liberados. 11 para 22.000 traballadores».
Alguén do goberno de Feijóo lles contou unha milonga e a meteron no xornal como se fora verdade.
ResponderEliminarNo entiendo de periodismo, pero espero que el director del periódico no haga casod e este blog porque si la Voz contrastara todo lo que publica perdería su atractivo. Dos compañeros y yo salimos a tomar el café a media mañana, casi todos los días pillamos el periódico libre en el bar y siempre encontramos algo con lo que pasar un rato divertido. Es el TBO de hace 40 años, solo echamos en falta al profesor Franz de Copenhague.
ResponderEliminarPolo ben de xornalismo os xornalistas da Voz terían que botar fora aos que están a converter o xornal nun panfleto.
ResponderEliminar¿No hay nadie en La Voz que sepa contar hasta diez?
ResponderEliminar