14/5/13

O futuro de La Voz está supeditado aos intereses persoais e á bioloxía do propietario

Imaxe da redacción central de La Voz, hoxe, distribuida polo comité intercentros a través de Twitter: @comitevoz.
Na foto se pode apreciar que parte dos xornalistas visten prendas de cor negro, tal como propuxo o comité
para exteriorizar a oposición dos traballadores ao proxecto da empresa de rachar o convenio colectivo
(NOTA: Lembramos aos letores o post anterior deste blogue, no que precisamos que entre as funcións centrais de ExVoz xa non figura a de exercer de fonte de información de cuestións laborais, pois esa tarefa corresponde ao blogue que ven de poñer en marcha o comité intercentros de La Voz de Galicia SA.
Aínda que liberado de certas "obrigas" e "responsabilidades", o blogue ExVoz tratará os temas laborais, sen dúbida, pero doutro xeito, coa mirada no día seguinte...
.. 
Segundo as informacións que ofreceu o comité intercentros, a primeira reunión entre os representantes de La Voz de Galicia SA e os dos traballadores só serviu para abrir o proceso co que a empresa rachará co convenio colectivo. E a segunda reunión (celebrada hoxe e ao marxe da información puntual que ofrece o blogue do comité) confirmou o que xa se sabe desde hai máis de dous anos: a empresa nunca tivo intención de respectar os sucesivos compromisos que acadou cos representantes dos traballadores, nin o fará no futuro.
Imos falar clariño: agora, os retos de "el grupito" que controla o xornal son dous:
1. Rachar co convenio, tal como posibilita a reforma laboral que promoveu o Goberno do PP co apoio da maioría dos medios, La Voz incluída, e
2. Planificar máis baixas e, polo tanto, máis despedimentos. Pero agora non hai cartos, nin tampouco as facilidades para obter creto que tiña La Voz con Caixa Galicia e NCG Banco...
¿Cantas baixas? Só podemos precisar que, á vista de que non queren racionalizar a organización e a xestión do xornal, haberá maís baixas e se producirán pouco a pouco, como ata o de agora, ao longo de meses, e que non serán dez ou doce... Pois se "el grupito" mantén o control do xornal, reducirá a  plantilla tanto como sexa preciso para que Santiago Rey Fernández-Latorre teña garantidos os seus ingresos.
O obxectivo central de Santiago Pérez, Lois Blanco e do resto de "el grupito" é garantir os ingresos do propietario, sexa ao prezo que sexa, pois eso lles permite seguir ao mando e, por riba, satisfacer os desexos fundamentaís do patrón: garantir os seus ingresos e manter o "prestixio".
Eche o que hai.
Por certo, se non corrixen o rumbo, terán que pechar delegacións. Tempo ao tempo.
¿Proxectos?... ¿Para qué?...
Non hai nin haberá un proxecto deseñado con rigor que permita mellorar as ofertas de La Voz en papel e dixital coa finalidade de facer fronte á recesión económica e, ao mesmo tempo, reducir a perda de compradores e letores.
Esa regresión se está a rexistrar en todos os xornais, ¡certo!, pero hai empresas editoras que desde hai dous, tres e mesmo catro anos están a sentar as bases do futuro, que será bipolar (papel + Internet, con tendencia a que sexa ao revés: Internet + papel).
Pola contra, hai editores que só aspiran a manter os seus ingresos persoais. Este é o caso do propietario de La Voz, actitude na que inflúen, entre outras circunstancias menores, a súa idade e a "ausencia" de fillos que impoñan a obriga de mirar máis alá da propia bioloxía.
Lo que ocurra cuando yo ya no esté, no me importa... Esta é, en resumo, a "estratexia" de Santiago Rey Fernández-Latorre.
¿E vender o xornal? É improbable, pois Santiago Rey sabe que se deixa de ser o presidente de La Voz se convertirá noutro membro da élite de "La" Coruña que remata a súa traxectoria cun fracaso e, xa que logo, socialmente "marcado", como o ex-director xeral da esnaquizada Caixa Galicia, José Luis Méndez.
Nese escenario, é "lóxico" que "el grupito" tampouco poña interese en adecuar a organización do xornal, moito menos na sede central, en Sabón (Arteixo), que ao longo dos últimos dez/doce anos se converteu nun dos mellores exemplos de ineficiencia da prensa española. Na redacción central de La Voz, por exemplo, hai un subdirector, un redactor xefe ou un xefe de sección ¡cada cinco metros cadrados!
Pero ese e outros "custes de producción" e ineficiencias si están xustificadas...
----------
LIGAZÓN á información puntual do contido da segunda reunión empresa-traballadores, na que o único asunto de interese foron os cartos e só os cartos: «Informe sobre a segunda reunión do período de consultas», no blogue Comité de La Voz.
----------
LIGAZÓN ao post «La decisión es de Santiago Rey: cambiar la cúpula, vender la empresa o esperar el estallido»; polo de pronto, todo apunta que o empresario non está disposto a introducir cambios nin vender, e prefire "manter o rumbo" e correr o risco de que as tensións, que son cada vez máis fortes, rematen nun conflito aberto.

1 comentario:

  1. Anónimo15/5/13

    Está claro que después de este "período de consultas" hay que pasar de las palabras a los hechos, con medidas de presión (huelga de firmas, concentraciones en las principales plazas gallegas e incluso huelga en el periódico), para que se entere la sociedad gallega de lo que está pasando en La Voz, que está fabricando una realidad contable para justificar el recorte de salarios y más despidos. Como dice el Comité de Empresa, al que hay que agradecer su enorme esfuerzo y arrojo, la alta dirección mantiene una hoja de ruta encargada desde arriba (no nos engañemos) para "africanizar" a la plantilla y, en definitiva, a todas sus familias.

    ResponderEliminar