24/7/13

Convenio de La Voz: O comité acepta rebaixas salariais do 10,5 ao 12,5% durante 18 meses

A empresa executará os despedimentos que considere
necesarios se baixan as vendas e a facturación publicitaria
..
Á espera de obter unha copia do preacordo, podemos adiantar alguns detalliños.
Primeiro, os mebros do comité intercentros que deron o visto bo á proposta empresarial foron seis: dous de CC OO (Alejandro Manteiga e Ana F. Cuba, ¡esta non é membro do comité intercentros!), dous da UGT (Ignacio Calvo e José Valencia) e máis otros dous do SXG (Manuel Rodríguez e Jorge Casanova); en tanto que os catro delegados da CIG que asistiron ao encontro (Xurxo Guitián, Juan Oliver, Xoán González e Dolores Vázquez) rexeitaron avaliar o contido do preacordo por incumplir o aprobado nas asembleas de traballadores.
Como asesores do comité, participaron Paulo Carril (CIG) e Ramiro Otero (CC OO). Este último, segundo as informacións ata o de agora recabadas, xogou un papel fundamental na defensa do pacto.
Na representación da empresa, asistiron ao encontro e asinaron o pacto Luis Miguel Blanco (director xeral da sociedade propietaria do xornal), Santiago Pérez (xerente), María Velázquez (directora de recursos humáns) e Roberto Diz (director financeiro), asesorados polo avogado Miguel Gudín.
Os puntos que con toda seguridade xerarán maís controversia son dous: un económico, referido aos recurtes salariais (do que ofrecemos un cadro-resumo) e outro relativo aos despedimentos.
No eido dos despedimentos, os delegados aceptaron a proposta da empresa, que se reserva a iniciativa para pactar "baixas voluntarias" (coas indemnizacións xa aplicadas nos últimos tres anos: un máximo de 35 días por ano de antigüedade cun teito de 110.000 euros). Asemade, o preacordo deixa a porta aberta aos despedimentos forzosos ou "non premiados" no caso de que que se reduzan os ingresos da empresa (vendas e publicidade), en aplicación dunhas contías e porcentaxes determinadas.
Neste punto, as informacións que temos recollidas son limitadas e por riba, confusas, pois confusas son as condicións que permitirían á empresa executar todos os despedimentos que desexara.
Os membros de ExVoz estamos na procura do texto íntegro para a súa publicación no blogue.
..
-----------
NOTA: Se o preacordo é ratificado polos traballadores, compre ter en conta que as reduccións previstas para os doce meses deste ano se aplicarán nas nóminas do período xullo-decembro e con carácter retroactivo, de xeito que o recurte nas nóminas deses seis meses e nas pagas extras que faltan por liquidar será o doble das porcentaxes que figuran no cadro.
Tamén compre subliñar que os membros de alta dirección cobran parte dos seus emolumentos á conta da Corporación, de xeito que as rebaixas salariais en La Voz de Galicia SA lles afectarán en proporción menor.
----------
LIGAZÓN ao comunicado que hoxe (xoves día 25) difunde o blogue Comité La Voz de Galicia para informar de xeito xeral (non detallado) do preacordo asinado coa empresa. 
Compre subliñar que unha das seis persoas asinantes en representación do comité intercentros (Ana F. Cuba) non é membro dese órgano.

3 comentarios:

  1. Anónimo25/7/13

    As baixas voluntarias van selo tanto coma as anteriores. Os de CCOO non teñen vergoña nin memoria, esas baixas permitiron cargarse impunemente a xente da súa lista, cando menos os compañeiros que botaron merecen máis respeto.
    Polo menos a outra vez sabíase a cantos podían fusilar, agora a porta está aberta para todos. Te vas si ou si.
    Grazas compañeiros (vai polos sete magníficos)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo25/7/13

    No sólo no tienen vergüenza los de CC OO, los de UGT y los del SGX no merecen menos. Conozco a todos, excepto a Ana F. Cuba. El calificativo para Alejandro sería el de "pobriño", pues creo que le falta un "toque intelectual"; Nacho Calvo y Pepe Valencia, "vellos roqueiros" del sindicalismo, estuvieron y están al sálvese el que pueda, y Manolo Rodríguez y Casanova... ¡puff!, impresentables. Su máxima en la vida es la de "amo de turno, lo que tú digas". Es una auténtica pena el ver cómo se hunde una empresa como La Voz y cómo sus trabajadores PERMITEN que unos representantes de tan baja moral les "fulminan" un convenio que con mucho sudor logramos conseguir unos trabajadores que, con menos títulos académicos, éramos unos luchadores por los derechos justos de los todos trabajadores. "¡Qué peniña sinto por todos vós: traballadores e representantes1". De los directivos no merece añadir nada, todo está dicho con su proceder.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo26/7/13

    Gracias por retomar la información. Desde el golpe de estado en el comité, se vuelve a imponer el silencio en las redes sociales con las que nos tenian informados antes. Deben pensar que así la plantilla se aborrega y la presion de los jefes hace mas efecto.

    ResponderEliminar