6/3/13

Cando asinaron un acordo La Voz e Galicia Bilingüe?

..
Segundo La Voz, hai galegofalantes que están a retrasar "voluntariamente" a cita co médico ou co ciruxano pola súa teimosía en esixir que se respecten o seus dereitos.
O problema non é a falla de impresos na lingua do país, senón ca liorta é froito da "irracionalidade" dos galegofalantes.
O texto informativo (¿informativo?) que ofrece La Voz é unha proba máis de que o nacionalismo español e o desprezo á cultura forman parte da súa liña editorial.
Haberá un acordo segredo entre Galicia Bilingüe e os directivos de La Voz do século XXI?
Os criterios editoriais desa Voz están presentes desde o título ata o remate e a conclusión pode ser incluída nunha historia do anti-xornalismo: «El paciente cubrió una hoja de reclamaciones y abandonó las instalaciones, lo que obligó a retrasar su operación».
É decir, La Voz din que o retraso na intervención non foi froito do incumprimento da lexislación, senón que o adiamento da intervención o provocou o paciente por crer que as leis se fixeron para ser respectadas.