Fronte á primeira de La Voz, a do xornal barcelonés La Vanguardia, que abre cunha imaxe que sen recurrir ao morbo reflicte o exemplo que está a dar a cidadanía diante da traxedia, pois na foto figuran representantes dos tres protagonistas dos feitos: os veciños, as vítimas e os membros dos servizos públicos que foron traballar ao lugar do accidente.
..
![]() |
| Na primeira páxina orixinal de La Voz de Galicia as facianas das tres persoas feridas que están deitadas no chan aparecen sen cubrir |
Por riba, Soler e Ferreirós tamén remitiron á central do xornal fotos da mesma escena elexida pola dirección de La Vanguardia, pois ela é a autora da foto que figura na primeira do xornal barcelonés e doutra semellante publicada na primeira de El País.
Os membros de ExVoz temos seleccionadas duas das moitas fotografías feitas polos dous fotoxornalistas, de xeito que a dirección tiña moitas posibilidades de confeccionar unha primeira páxina con rigor e respecto absoluto ás vítimas do sinistro.
Elexir as imaxes da primeira páxina esixe rigor informativo e sentido da oportunidade, entre outras cousas, pero nestes casos é imprescindíbel ter moita sensibilidade, moita!:
..
----------
COMPLEMENTO: Afortunadamente, al director y a sus asesores se les ha encendido la luz y la primera plana que hoy viernes 26 de julio abre La Voz es, sencillamente, un ejemplo de dignidad a la vez que de rigor informativo; tanto es así que la web PressEurop la utiliza en el resumen de prensa que ofrece a diario.

