6/11/12

A Xunta fai outra doazón de diñeiro público á empresa La Voz de Galicia SA

"Foto de familia"
Galicia Confidencial e Praza Pública informan da nova "axuda" concedida polo Goberno galego á empresa La Voz de Galicia SA (¿será en agradecemento polo bo traballo que fixo o xornal a prol do PP durante a recente campaña electoral?)
Outros dous xornais recibirán similar aportación.
Nesta ocasión a empresa privada de Santiago Rey Fernández-Latorre, que segue a reducir plantilla, recibirá 150.000 euros da Consellería de Economia e Industria como pago pola difusión dunha serie de reportaxes (máis detalles en Galicia Confidencial ou en Praza Pública).
No caso de La Voz, eses textos teledirixidos son insertados nas páxinas do xornal ou dos suplementos como se foran informacións convencionais, sen advertir aos letores que se trata de publicidade pagada cos cartos dos contribuintes.
Por riba, o contido desas insercións propagandísticas ten finalidade partidista e polo xeral nunca son novas que teñan interese informativo e rara vez, formativo.
Durante a lexislatura autonómica que recén rematou, o Grupo Voz recibiu alomenos 7,2 millóns de euros de distintas consellerías e organismos do Goberno presidido por Núñez Feijoo (PP) pola vía de convenios e axudas.
Esa cantidade no inclúe os ingresos de La Voz de Galicia SA e demáis empresas da corporación pola difusión de publicidade institucional: As aportacións públicas alleas á publicidade só supoñen o 35 por cento dos cartos públicos que ingresou a empresa de Santiago Rey Fernández-Latorre durante o mesmo período, segundo informou Galicia Confidencial o pasado mes de febreiro; ver: "A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo".
-----
LIGAZÓN ao banco de datos que informa polo miudo dos convenios e axudas concedidas polo Goberno galego sen nengún tipo de control parlamentario: "A Xunta pagou 11,8 millóns a dedo aos donos dos xornais", cantidade que non inclúe os ingresos pola publicidade institucional.