15/6/12

Eleccións sindicais en La Voz e Gaesa: Trunfo da CIG e derrota do gremialismo

Onte celebráronse eleccións sindicais nos centros de traballo de La Voz de Galicia SA de Sabón (Arteixo) e nos da provincia da Coruña, máis en Galicia Editorial Sociedade Anónima (Gaesa, a empresa do Grupo Voz titular da rotativa).
Os membros e colaboradores de ExVoz mantivemos unha actitude neutral para non interferir no proceso e agora, xa rematado, valoramos os resultados como un trunfo das alternativas sindicais de clase fronte ao gremialismo que representa o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG).
A maioría absoluta obtida polos sindicatos de clase tanto en La Voz como en Gaesa (CIG, CC OO e UXT) supón tamén unha mesaxe para os responsables da xestión da empresa e o seu propietario.
Resultados:
Sede central de La Voz: CIG 6 delegados, o SXG 2, e CC OO 1,
Centros de traballo de La Voz na provincia da Coruña: CIG 2 delegados, UXT 2, e SXG 1.

22 xuño 2012
Os resultados obtidos nas votacións celebradas onte confirman tamén a derrota do gremialismo:
Centros de traballo de La Voz na provincia de Pontevedra: CC OO 3 delegados e UXT, 2.

O novo Comité Intercentros, integrado por 13 membros, é o seguinte:
Presidente, Xurxo Guitián (CIG); vicepresidente, Juan Oliver (CIG); secretaria, Dolores Vázquez (CIG); tesoreiro, Alejandro Manteiga (CC OO); vicetesoreiro, Erik Dobaño (CIG), e máis os vocais Xoán González (CIG), Juanma Fuentes (CC OO), Alfredo López (CC OO), Ignacio Calvo (UXT), Luis Collazo (UXT), José Luis Valencia (UXT), Jorge Casanova (SXG) e Manuel Rodríguez (SXG).
É decir, 5 da CIG, 3 de CC OO, outros tantos da UXT e 2 do SXG.