Na imaxe, obtida no arquivo de www.elcorreogallego.es, de esquerda á dereita: Cuiña, Aznar e Fraga |
Por que?
GC informa da existencia dun documento interno do PP titulado "La situación del diario de referencia. La Voz de Galicia", que resume a análise que fixeron os asesores en comunicación do Goberno de José María Aznar coa intención de facer fronte ao problema Voz e correxir a falla de entendemento que, segúndo ese informe, dificultou durante certo tempo a relación entre Mariano Rajoy, entón vicepresidente do Goberno central, e Santiago Rey Fernández-Latorre: «Existen algunas sombras en la relación con Rajoy», consta textualmene no informe do PP.
«Naquela época, o xornal coruñés, a diferencia do que acontece na actualidade (relata GC), era moi crítico coa actuación dos Gobernos de Fraga e de Aznar. E é que desde os primeiros días do accidente, La Voz informou puntualmente de todo o que estaba pasando e mesmo adoptou unha postura distante e crítica contra as administracións galega e central».
Blanco demostrou entón que no regate curto é moi bo
O xornal electrónico tamén alude á paradoxal boa relación que mantiña Xosé Cuiña coa maioría dos responsables da redacción de La Voz a pesar da actitude informativa coa que a o xornal estaba a tratar o caso Prestige.
Na sintonía La Voz-Cuiña xogaron un papel fundamental a posición crñitica do conselleiro co Goberno central polas decisións que tomou no caso Prestige, o director do xornal, Bieito Rubido, e por riba deste o o entón xefe da sección Galicia, Lois Blanco (hoxe director xeral do Grupo Voz), que de cotío conversaba por teléfono con Cuiña desde a propia redacción do xornal.
A amizade político-profesional de Blanco co conselleiro se mantivo durante toda a crise interna do PP galego, episodio este que agravóuse polas discrepancias entre Cuiña e Álvarez-Cascos (ministro responsábel de asuntos marítimos) sobre como facer fronte ao caso Prestige. A liorta rematou coa defenestración de quen fora o delfín político de Manuel Fraga Iribarne, pois o sector do PP galego que mantiña diferencias co lalinense aproveitou a ocasión para derrotar ao "inimigo".
A cúpula e varios xornalistas de La Voz interviron na guerra entre os boinas e os birretes (as dúas principais familias do PP galego, a primeira liderada por Cuiña e a segunda, por Romay). Nun principio os boinas contaron coa complicidade de Blanco e dalgúns dos xornalistas que logo integráronse en "el grupito" que hoxe controla a redacción. Nembargantes, cando chamaron a Fraga desde Madrid para que frears a revolta de Cuiña, La Voz (tamén Blanco, que sempre tivo moita facilidade para correxir os seus "erros políticos") apostou polos birretes, representados públicamente por Rajoy, pero con Romay sempre no garda-roupa.
Paga a pena ler a crónica de GC, que ademáis ofrece aos seus subscriptores copia do informe interno do PP que aconsellaba recompoñer as relacións con La Voz.
O que non conta GC e compre subliñar para ter un coñecemento máis axeitado do papel de La Voz, é que o cambio de criterios informativos do xornal no tratamento do sinistro e as súas consecuencias producíuse despois dunha cea seguida dunha longa conversa que reuniu a Mariano Rajoy Brey e Santiago Rey Fernandez-Latorre, na Coruña, onde aterrou ex profeso o vicepresidente do Goberno de España.
-----
NOTA: Co gallo da celebración do xuízo dos feitos protagonizados polo "Prestige", Galicia Confidencial publica una serie de informacións e documentos referidos á catástrofe medioambiental máis destrutiva que ten acontecida na costa atlántica europea.