4/12/12

O afundimento do "Prestige" e a consolidación de "el grupito" que hoxe controla La Voz

ExVoz xa fixo referencia á información que está a ofrecer estes días Galicia Confidencial co gallo do décimo aniversario do afundimento do Prestige e da marea negra que provocou (ver "Galicia Confidencial  informa do papel que xogou La Voz no caso Prestige").
Hoxe, o xornal dixital aporta máis documentos que confirman, entre outras cousas, a exitosa iniciativa que emprendeu o Goberno de Aznar para que La Voz de Galicia fixera súa a versión dos feitos que lles interesaba aos gobernos central (Aznar) e autonómico (Fraga): "Os protagonistas nos medios de comunicación na crise do Prestige".
O episodio tivo consecuencias moi importantes para o xornal, pois foi nesa época cando estableceron relacións de interese e consolidaron a súa "amizade" a maioría dos membros de "el grupito" que hoxe controla La Voz, proceso no que destacaron as aportacións do director da época, Bieito Rubido Ramonde, e de Lois Blanco Penas, que entón era o xefe da sección de Galicia e hoxe é o direcor xeral da sociedade editora do xornal.

2 comentarios:

  1. Anónimo5/12/12

    Esas navidades dejé de comprar la Voz porque decidió darnos la espalda para defender a los que causaron la marea negra metiendo el petrolero en mar arbolado.
    J. L. (Cayón)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11/2/13

    Pues parece que la sentencia va a ser absolutoria para todos. Menuda inversión en el edificio para esto.

    ResponderEliminar