23/1/13

Primeira xuntanza de delegados sindicais dos xornais galegos

Segundo informa Galicia Confidencial, o pasado luns (21 xaneiro) celebrouse unha xuntanza de representantes dos comités de empresa dos distintos medios de prensa escrita galegos, en Santiago.
É a primeira vez na historia do sector en Galicia que se organiza unha xuntaza deste tipo.
Compre subliñar que na reunión coincidiron membros das diferentes centrais sindicais, pero houbo consenso en que as adscripcións e mesmo sindicatos quedaran en segundo plano.
A reunión dos delegados serviu para analizar a situación na que se atopa o sector e os problemas que atinxen aos traballadores.
Á convocatoria asistiron representantes de Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, DxT, Faro de Vigo, Ideal Gallego, La Opinión de A Courña, La Región e La Voz de Galicia.
Non acudiron por problemas de axenda (segundo precisaron) representantes de El Correo Gallego nin
de El Progreso.
A intención dos comités é «intercambiar información sobre a situación particular dos traballadores de cada un dos medios e a posta en común das principais problemáticas que afectan ao sector da prensa diaria».
Polo de pronto, a reunión permitiu crear canles estables de comunicación, colaboración e apoio mutuo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario