Non fai falla engadir nada máis:
«La Voz publicou o venres 1 de febreiro unha nova sobre os 145 liberados que Función Pública ofrece aos sindicatos. Pois ben, a CIG-Autonómica, sindicato maioritario no ámbito da Función Pública ten 11 liberados/as institucionais», e a nota da CIG precisa as identidades deses 11 liberados.
«Na CIG-Autonómica non temos nada que agochar. Somos o sindicato maioritario con 142 delegados/as sindicais (44 de persoal funcionario e 98 de persoal laboral) dos cales 11 están liberados/as para dar apoio aos compañeiros/as, asumir as negociacións nas mesas e para tarefas de dirección da CIG-Autonómica. 142 delegados eleitos onde 10 dos 11 son funcionarios/as e unha persoal laboral da Xunta».
Se o sindicato maioritario na Xunta de Galicia ten 11 liberados, onde están e a que sindicato pertencen os outros 134 liberados dos que fala La Voz?
Existen eses liberados ou trátase doutra "serpe informativa"?
Rematamos como principiamos: Non fai falla engadir nada máis.
-----
LIGAZÓN a «Si, temos liberados. 11 para 22.000 traballadores».