23/5/13

La Voz de Galicia SA confirma a súa aposta polo extremismo socio-laboral e o enfrontamento

A cúpula de La Voz de Galicia SA ven de demostrar unha vez máis que os seus criterios en asuntos socio-laborais son propios dos anos sesenta do século pasado.
Hoxe rematou sen acordo o período de consultas cos representantes dos traballadores, "negociación" que por lei é obrigada cando a empresa abre o proceso para rachar co convenio colectivo, tal como anunciou "el grupito" que dirixe La Voz o pasado día 8 deste mes.
As posicións están moi alonxadas, pois os xestores da empresa non só pretenden aplicar un forte recurte salarial, senón que tamén queren executar máis despedimentos.
Pechada esa fase, o asunto pasa á comisión paritaria do convenio, que reunirase o próximo xoves 30 de maio.
Máis información, no blogue Comité La Voz de Galicia e na conta de Twitter @comitevoz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario